Ciclo de conferencias Dr. D. Luis Asorey García 2018

De 19/11/2018 hasta 28/11/2018

 

CICLO DE CONFERENCIAS DR. D. LUIS ASOREY GARCÍA
19, 20, 21, 22, 26, 27 e 28 de Novembro de 2018

Como froito dun convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega de Ciencias
prográmase un novo curso de conferencias baixo o título:
 

Incendios Forestais e Recuperación de Terreos Queimados en Galicia”.

 


Lugar: Salón de Actos da Excma. Deputación de Lugo. Pazo provincial. Praza de San Marcos. Lugo

A conferencia do día 20 impartirase no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (Rúa Benigno Ledo, s/n, Campus Universitario de Lugo)

 

A Real Academia Galega de Ciencias acordou dedicar este ciclo de conferencias á memoria do Dr. D. Luís Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi Académico, Secretario e Vicepresidente da Real Academia Galega de Ciencias.
Ciclo recoñecido provisionalmente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación do profesorado non universitario.

 

INSCRICIÓN GRATUÍTA

Inscrición telemática ata o 15 de novembro as 13,00 horas ou ata completar aforo.

 

» Formulario de inscrición

» Descargar díptico