Avansig SLL.

Avansig é unha empresa especializada na enxeñería do software que nace co obxectivo de ofrecer, á administración e empresas, servizos de consultaría tecnolóxica e desenvolvemento de software a medida baseados en tecnoloxías SIX (Sistemas de Información Xeográfica) e FOSS (Free and Open Source Software).

O principal obxectivo da nosa empresa é desenvolver e propoñer aos nosos clientes solucións avanzadas en tecnoloxías da información e as comunicacións, co fin de mellorar os seus procesos de negocio e aportar carácter diferenciador aos seus produtos.

A actividade de Avansig está orientada ao desenvolvemento de software a medida, a I+D+I e a prestación de servizos dentro do campo das tecnoloxías SIX. Este campo, en constante crecemento e renovación, ten como principais clientes a administracións e empresas que utilizan as tecnoloxías SIX para incrementar e mellorar os seus procesos e capacidade de xestión, incrementar as súas ventas, aforrar custos e mellorar a súa competitividade.

As aplicacións e sistemas desenvolvidos por Avansig ofrecen solucións para o análise, xestión, procesado e publicación en Web de información cunha compoñente espacial, así como para a resolución de todo tipo de problemas relacionados coa organización territorial.