INGENIERÍA INSITU, S.L.

Diversos sectores empresariais como a construción, o naval, o industrial ou a documentación arqueolóxica necesitan coñecer as dimensións das estruturas e obxectos que fabrican, instalan ou restauran. Para cubrir esta necesidade, Insitu ofrece un servizo baseado en técnicas de fotogrametría de obxecto cercano e 3D láser escáner, dentro do ámbito do control métrico, dimensional e de enxeñería inversa. Por outra banda, a empresa pretende desenvolver aplicacións dentro dos campos da ordenación e organización territorial, mediante a implementación e desenvolvemento de validadores cartográfi cos e sistemas xestores dos procesos de concentración parcelaria, produtos que se destinan tanto á administración pública, como empresas privadas do sector servizos.

Orixe: Grupo de Investigación TF1. Fotogrametría e Teledetección cercanas.

Inicio da actividade: 2008

Mercado e ámbito xeográfico:
Ingeniería Insitu traballa fundamentalmente no mercado nacional, abranguendo sectores como a construción, a industria, a ordenación territorial e as estruturas e infraestruturas agrarias.

Liñas de Negocio:

  • Control volumétrico no sector da construción.
  • Enxeñería inversa, medición e obtención de planos de formas para o sector industrial e naval.
  • Documentación do patrimonio arquitectónico e arqueolóxico.
  • Validación cartográfi ca na ordenación territorial.
  • Ferramentas de xestión nos procesos de concentración parcelaria.