Quantum Innovative S.L.

A empresa Quantum Innovative nace dun grupo de Investigación do Departamento de Enxeñería Mecánica da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo, con clara vocación de servizo ás empresas. O seu primeiro obxectivo é mellorar as capacidades tecnolóxicas da industria galega, aportando solucións innovadoras que contribúan a modernizar os seus procesos produtivos. Quantum pretende converterse nunha empresa de enxeñería líder na comunidade autónoma, incorporando as máis avanzadas tecnoloxías de deseño de produtos, procesos e equipos especiais, de xeito que posibilite aos seus clientes competir nas mellores condicións de calidade e servizo nun mercado global.

Orixe: Grupo de investigación CIMA - Código EG06

Inicio da actividade: 2009

Mercado e ámbito xeográfico:
O mercado obxectivo desta EBT son aquelas empresas do sector industrial que desenvolven actividades relacionadas con:

  • Industria da pedra.
  • Fabricación de maquinaria e equipos. Manutención.
  • Construción e reparación naval.
  • Fabricación de equipos médicos.
  • Construción aeronáutica.

O ámbito xeográfico restrínxese inicialmente á comunidade autónoma de Galicia, pero nun futuro inmediato se pretende acadar dimensión nacional.

 

Liñas de Negocio

  • Proxectos de enxeñería de deseño de novos produtos e equipos.
  • Proxectos de enxeñería de proceso, instalacións, manutención, etc.
  • Soporte técnico para a tramitación de axudas e subvencións.
  • Cursos de formación en novas.
  • ferramentas informáticas de deseño.
  • Desenvolvemento de produto propio de I+D.