SON (Sound of Numbers, S.L.)

A nova lexislación acústica para a edifi cación en España, así como a emerxente preocupación pola contaminación acústica leva a que os estudos na acústica sexan cada vez máis demandados. Sound of Numbers (SON), que xurde froito da colaboración entre o grupo Sonitum e a empresa Sonen. SONarchitect, ofrece o primeiro software de cálculo de illamentos acústicos na totalidade dun edifi cio segundo o Código Técnico da Edifi cación DB-HR. Seguindo con esta idea innovadora, SON deseña varias liñas de traballo relacionadas coa investigación, desenvolvemento e innovación acústica, simulación e optimización de deseños acústicos, acústica numérica, software de predición de ruído e illamento, etc.

Orixe: Grupo de Investigación Sonitum da ETSE de Telecomunicación

Inicio da actividade: 2009

Mercado e ámbito xeográfico:
Grazas ás novas tecnoloxías e ao intanxible do produto de SON, clientes de todo o mundo poden demandar calquera das liñas de produto desta Spin Off, simplemente estendendo os requirimentos legais aos propios de cada país.

Liñas de Negocio:

  • Explotación dun software que aplica o cálculo para verifi car o illamento acústico en edificios.
  • Ferramentas de cálculo de illamento acústico específicas para as empresas fabricantes de materiais.
  • Desenvolvemento de ferramentas básicas de cálculo de transmisións acústicas mediante métodos numéricos.
  • Aplicación para o cálculo de ruído emitido ao exterior por actividades ruidosas.
  • Aplicacións para o control e xestión da documentación dos sistemas de calidade.
  • Simulacións acústicas para a investigación de novos materiais ou solucións construtivas.