Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

BIOMASA FORESTAL E BIOENERXÍA EN GALICIA / CICLO DE CONFERENCIAS DR. D. LUIS ASOREY GARCÍA 2015

16 Novembro, 2015 @ 10:00 a.m. - 25 Novembro, 2015 @ 5:00 p.m.

Salón de Actos da Excma. Deputación Provincial de Lugo – Rúa San Marcos nº 8 – Lugo – Hora: 19-21 horas< CICLO DE CONFERENCIAS DR. D. LUIS ASOREY GARCÍA

BIOMASA FORESTAL E BIOENERXÍA EN GALICIA

16, 17, 18, 19, 23, 24  e 25 de Novembro de 2015

Como froito dun convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega de Ciencias prográmase un novo curso de conferencias baixo o título : “ BIOMASA FORESTAL E BIOENERXÍA EN GALICIA”, que se desenvolverá no Salón de Actos da Deputación Provincial Lucense. As conferencias que inclúe este ciclo adéntranse en temas da máis palpitante actualidade e serán impartidas por destacados especialistas. Os alumnos inscritos no curso e que xustifiquen a súa asistencia ao mesmo recibirán un diploma acreditativo. A Real Academia Galega de Ciencias acordou dedicar este ciclo de conferencias á memoria do Dr. D. Luís Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi Académico, Secretario e Vicepresidente da Real Academia Galega de Ciencias.

INSCRICIÓN GRATUÍTA

Matrícula:
A partir do 26 de outubro ata completar aforo.

Entrega de solicitudes:
Rexistro Xeral Excma. Deputación de Lugo. R/ San Marcos, 8

Ciclo recoñecido provisionalmente pola Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación
do profesorado non universitario.

 

Descargar díptico

Detalles

Comezo:
16 Novembro, 2015 @ 10:00 a.m.
Remate:
25 Novembro, 2015 @ 5:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

Deputación Provincial de Lugo
Rúa San Marcos, 8
Lugo, Lugo 27001 España
+ Google Map