Coñecemento para o desenvolvemento socioeconómico

O Coñecemento para o Desenvolvemento Socioeconómico constitúe o obxectivo central da Real Academia Galega de Ciencias, no marco da Promoción Social do Coñecemento. Todas as actividades da Academia se encamiñan dun modo ou outro a este obxectivo, aínda que hai algunhas que o fan máis directamente. Trátase dos ciclos de conferencias: o ciclo Luis Asorey e o ciclo Avances en Ciencia e Tecnoloxía.

CICLO LUIS ASOREY

Trátase dun ciclo de conferencias, financiado pola Excelentísima Deputación Provincial de Lugo, que se imparte na Cidade da muralla, nos locais da propia Deputación, normalmente no mes de Novembro. Trátase de poñer a disposición dos asistentes coñecemento aplicado á análise e ao desenvolvemento de zonas emblemáticas e de interese económico e social para a Provincia.

Ciclo Luis Asorey 2015

Descargar díptico

Ciclo Luis Asorey 2014

Descargar díptico

Ciclo Luis Asorey 2013

Descargar díptico

 

CICLO AVANCES EN CIENCIA E TECNOLOXÍA

Trátase dun ciclo de conferencias, mesas de debate e seminarios dedicados, ultimamente, ao coñecemento para manter a competitividade das empresas, a traves da innovacion. Financiado pola Excelentísima Deputación Provincial da Coruña, vénse celebrando en Santiago, nas dependencias da Confederación de Empresarios de Galicia, en Outubro-Novembro.

Avances en Ciencia e Tecnoloxía 2015

Descargar díptico

Avances en Ciencia e Tecnoloxía 2014

Descargar díptico

Avances en Ciencia e Tecnoloxía 2013

Descargar díptico