Día da Ciencia en Galicia

No contexto da promoción social do coñecemento, obxectivo xeral desta Real Academia, creuse que sería moi conveniente presentar á Sociedade galega a vida e obra daqueles galegos ilustres que se destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia e aos non galegos que realizaron en Galicia importantes contribucións no ámbito científico técnico.

Por iso, a Real Academia Galega de Ciencias, en sesión plenaria celebrada o 6 de Xullo de 2006, acordou instituír o Día do Científico Galego. Cada ano, a Academia acordará en sesión plenaria, a designación dun personaxe que, reunindo algunha das condicións anteriores, será proclamado Científico Galego do ano. O acordo establece tamén que, aínda que a designación é para todo o ano, se lle renderá unha homenaxe pública, en acto solemne que se celebrará o 23 de Abril, aniversario da creación da Academia, ou en días próximos.

Dende o ano 2008, data en que se iniciaron as celebracións, os seis científicos homenaxeados foron D. Enrique Vidal Abascal, D. Isidro Parga Pondal, D. Cruz Gallastegui Unamuno, D. Ramón Mª Aller Ulloa, D. Antonio Casares Rodríguez,  Fray Jerónimo Benito Feijoo Montenegro e D. Luis Iglesias Iglesias.

En todos os casos, a Real Academia Galega de Ciencias contou coa colaboración inestimable da Fundación Barrié, a través de educaBarrié, a súa iniciativa para a comunidade educativa.  A súa labor, realizada entre os más novos,  concretase na organización de talleres e outras actividades, así como na publicación de unidades didácticas, unha por cada un dos científicos, orientadas os estudantes de ensinanza secundaria. A eles  dirixese tamén o programa concurso Preguntoiro Científico, no que a partir dun perfil definido por unha serie de preguntas, os alumnos teñen que descubrir ao científico.

En relación con este tema é de destacar e agradecer a iniciativa adoptada polo Concello de Santiago de crear o Parque das Ciencias Isidro Parga, sito na parte traseira do Pazo de San Roque, no que se recorda aos Científicos galardoados pola Academia.

Con data 18 de Decembro de 2014 o Pleno da RAGC adoptou o acordo de cambiar a denominación Día do Científico Galego polo de Día da Ciencia en Galicia, porque reflexa dun modo máis directo o obxectivo da celebración, que non e outro que a promoción social da Ciencia en Galicia. Mantense, por lo demáis, o formato da celebración.

Finalmente, no Pleno celebrado o 29 de Abril de 2015, a RAGC estableciu como nova data para o Día da Ciencia en Galicia, o día 8 de Outubro de cada ano, con carácter inamovible. A nova data conmemora o nacemento do Padre Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, promotor indiscutible da Ciencia nos seus primeiros momentos.

O botánico e meteorólogo Baltasar Merino é o Científico Galego 2017.