Premios de Investigación

Os Premios de Investigación da Academia convócanse anualmente en dúas modalidades: Premio a un Traballo de Investigación científico-técnica realizado por investigadores consolidados e Premio dedicado á Promoción de Mozos Investigadores, a un traballo de investigación científico-técnica realizado por investigadores menores de 28 anos.

Os premios teñen como primeiro obxectivo o producir impacto na Sociedade galega e sensibilizala sobre o valor socioeconómico do coñecemento, á vez que recoñecer e estimular o traballo dos investigadores.

A partir do 28 de Xaneiro de 2014, os Premios de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias chámanse Premios de Investigación Ernesto Viéitez, en recordo de quen foi Presidente da Academia durante os últimos 31 anos.

 

A RAGC convoca os Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2017, nas súas dúas modalidades de Premio a un Traballo de Investigación, dotado con 6000€,  de Promoción de  Investigadores Mozos, menores de 28 anos, dotado con 2000€. O prazo da convocatoria finalizará ás 13.00 horas do 3 de Xullo de 2017. Consulte as bases no  ficheiro adxunto.

Convocatoriapremios2017.pdf