Colaboradores

Lograr que Galicia se converta nun país avanzado, cun pobo culto e un sistema produtivo alimentado polo coñecemento, é unha tarefa difícil, cuxa consecución require aproveitar e optimizar todos os recursos, todas as achegas. Integrar recursos diversos xera valor engadido e orientalos coordinadamente na dirección correcta multiplica a eficiencia.La colaboración é, polo tanto, un ben necesario, que ademais ten valor por si mesma nun caso como este, en que se busca a mentalización social, pola participación e a implicación que leva consigo.

Por todo iso, a Real Academia Galega de Ciencias solicita, dende estas liñas, a colaboración de entidades públicas e privadas, á vez que ofrece a súa propia. E por iso tamén quere agradecer ás entidades que, no momento actual lle brindade a súa axuda dalgún modo.

 

ENTIDADES PATROCINADORAS

 

A Axencia Galega de Innovación, da Consellería de Economía e Industria (Xunta de Galicia), que financia as actividades básicas da Academia.
 A Universidade de Santiago, que proporciona aloxamento á RAGC en dependencias da Facultade de Química.

A Fundación Barrié, que financia a publicación da revista e colabora activa e eficazmente na divulgación das figuras dos Científicos Galegos entre os máis novos, organizando diversos actos e editando interesantes unidades didácticas, a través de educaBarrié.

A Excelentísima Deputación Provincial da Coruña, que financia o ciclo de conferencias AVANCES EN CIENCIA Y TECNOLOXÍA.

A Excelentísima Deputación Provincial de Lugo, que financia o ciclo de conferencias LUIS ASOREY.

 

ENTIDADES COLABORADORAS

 

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), coa que esta Real Academia subscribiu recentemente un acordo marco de colaboración. No ano 2013 a CEG colaborou na organización e a realización do ciclo Avances en Ciencia e Tecnoloxía, celebrado nas súas propias instalacións. No próximo Outubro (a partir do día 13) celebrarase a edición de AVANCES 2014, baixo o título: O Emprendemento Científico: Unha Oportunidade Necersaria.

A Universidade de Santiago de Compostela, que recoñece o valor académico dos ciclos, en forma de créditos de libre configuración.
Firmouse un convenio marco para colaborar na difusión social da Ciencia en relación cos  medios de comunicación.

Firmouse un convenio marco para colaborar na promoción social da Ciencia, no eido das Ciencias Biológicas.

Asinouse un covenio marco para impulsar a difusión social da Ciencia no eida da Enxenería en Informática.

Firmouse un convenio marco para potenciar a difusión social das Ciencias Químicas en Galicia