Emprendemento científico. EBTs

Os membros da comunidade investigadora poden emprender o camiño de explotar os coñecementos científico-técnicos xerados nos seus traballos de investigación e desenvolvemento, cando sexa o caso, poñendo en marcha unha empresa para producir bens ou servizos baseados nos devanditos coñecementos. Estas empresas coñécense como spin-off e tamén como Empresas de Base Tecnolóxica (EBTs), xa que a súa actividade se basea maioritariamente en tecnoloxías emerxentes, avanzadas e innovadoras.

É bastante obvio que a creación de empresas, en xeral, é moi importante para a produción de emprego e de riqueza e polo tanto para o desenvolvemento económico e social. Máis aínda neste caso, ao tratarse de empresas innovadoras baseadas no coñecemento, que poden ser importantes na renovación do sistema produtivo.

Lamentablemente, a taxa de actividade emprendedora en España -e en Galicia- é baixa, como o demostra o informe GEM (Global Entrepreneurship Monitor), que a fixa no 5,7% para o ano 2012. Entre os anos 2005 e 2010 no Sistema Universitario Galego se crearon 46 EBTs, o que representa o 6,6% do total creado polo sistema universitario español (A ciencia en Galicia. Informe 1, Fundación Barrié).

Marco legal

É moi importante favorecer e promover o emprendimiento en xeral e o emprendimiento científico en particular. Nesta sentido, a lei do Estado 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización e a lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendimiento e da competitividade económica de Galicia crean un novo marco legal que trata de favorecer o emprendimiento. Tamén neste sentido hai que entender e valorar todas as iniciativas que se poñen en marcha para contribuír a aumentar a cultura emprendedora. A Real Academia Galega de Ciencias dedicará o ciclo Avances en Ciencia e Tecnoloxía 2014 ao emprendimiento científico.

Camiñando cara a unha EBT

Simplificando moito e a título orientativo, a continuación saliéntanse algunhas etapas básicas que será necesario percorrer no camiño cara á creación dunha EBT, todo iso despois de coñecer e analizar o marco legal, ao que alude o apartado anterior:


1ª. -Haberá que detectar, dispoñer e valorar unha tecnoloxía ou un coñecemento innovador, relativos a un proceso, a un produto ou a un servizo, que han de responder a demandas do mercado, estar suficientemente maduros e protexidos legalmente dalgún modo.


2ª. -Será necesario deseñar un equipo interdisciplinar capaz de responder a preguntas tales como Quen investiga?, Quen produce?, Quen vende?, Quen xestiona?


3ª. -Será obrigado elaborar un plan de empresa no que se analice a viabilidade do proxecto, en todos os seus aspectos, especialmente o económico, aclarando o que se vai vender, a súa produción e comercialización, así como os custos que todo isto leva consigo.


4ª. -Haberá que buscar e estudar os posibles mecanismos de financiamento.


5ª. -Finalmente, terase que producir un proceso de transferencia de tecnoloxía do Organismo de Investigación á empresa.

 

EBTs. Algúns exemplos

Nome Universidade
ADVANCELL, S.L.

ADVANCELL é unha empresa de biotecnoloxía creada no ano 2001, como resultado da fusión entre CellTec (spin-off do departamento de...

Universidade de Santiago de Compostela
ALLELYUS

ALLELYUS é unha empresa creada para transferir os resultados de investigación do Grupo de Medicina Genómica do Instituto de...

Universidade de Santiago de Compostela
AllGenetics & Biology

AllGenetics apoia a centros de investigación e empresas líderes en tódalas áreas das ciencias da vida. De acordo co noso lema «encantados de...

Universidade da Coruña
Appeiros Mobile Development

Appeiros Mobile Development é unha iniciativa empresarial promovida por estudantes de Enxeñaría Informática da Universidade da...

Universidade da Coruña
Appentra Solutions, SL

La misión de Appentra es proporcionar herramientas software de calidad que permitan un uso extensivo de las técnicas de computación de alto...

Universidade da Coruña
Avansig SLL.

Avansig é unha empresa especializada na enxeñería do software que nace co obxectivo de ofrecer, á administración...

Universidade da Coruña
Azteca Consulting de Enxeñería S.L.

AZtecA Consulting de Enxeñería S.L foi a primeira EBT xurdida da Universidade de Vigo no ano 2005. A súa creación supuxo a transmisión ao mercado...

Universidade de Vigo
BIT OCEANS RESEARCH, S.L.

Bit Oceans desenvolve solucións avanzadas destinadas a evitar a fraude documental nos sectores público, fi nancieiro e de organizacións...

Universidade de Vigo
DEVALAR CONSULTORÍA EUROPEA, S.L.

DEVALAR CONSULTORÍA EUROPEA é unha empresa creada no ano 2002 por profesionais no campo das Ciencias Sociais, con sede central en...

Universidade de Santiago de Compostela
GALCHIMIA, S.L.

GALCHIMIA é unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela creada no ano 2001, dedicada ó análise e preparación de...

Universidade de Santiago de Compostela
Galebook, SL

Galebook nace co obxectivo de chegar a ser a plataforma de referencia de distribución do libro dixital en galego. A nosa liña de traballo vai...

Universidade da Coruña
GEODEM, S.L.

Empresa que xorde da transformación e desenvolvemento das actividades do Grupo de Investigación AF-4 da Universidade de Vigo, en servizos...

Universidade de Vigo
Goovent Technologies, SLNE

Goovent é un servizo web de procura e xestión de eventos.

Goovent ten como obxectivos crear un...

Universidade da Coruña
HEALTH IN CODE, S.L

HEALTH IN CODE é unha compañía biotecnolóxica, creada no ano 2006, especializada no diagnóstico molecular e na xestión do...

Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela
HELIONOVA, S.L.

HELIONOVA é unha empresa especializada no desenvolvemento de solucións eficientes de suministro enerxético.

Ofrecen un...

Universidade de Santiago de Compostela
Imatia S.L.

Imatia é unha enxeñería de software, un provedor de software independente e unha consultoría de nova xeración que permite o desenvolvemento rápido...

Universidade de Vigo
IMMUNOSTEP, S.L

IMMUNOSTEP nace no ano 2000 e ten a súa orixe no Centro de Investigación do Cáncer da Universidade de Salamanca, centro de...

Universidade de Santiago de Compostela
INBIOGAL, S.L.

Inbiogal traslada os coñecementos científi cos e tecnolóxicos, xurdidos das investigacións do Grupo BB1 ao ámbito clínico-sanitario e...

Universidade de Vigo
INGENIERÍA INSITU, S.L.

Diversos sectores empresariais como a construción, o naval, o industrial ou a documentación arqueolóxica necesitan coñecer as dimensións das...

Universidade de Vigo
INNOLACT, S.L.

INNOLACT é unha spin-off do grupo de investigación da Aula de Produtos Lácteos (APL) da Universidade de Santiago de Compostela (...

Universidade de Santiago de Compostela
KERAMAT, S.L.

KERAMAT é unha empresa creada no ano 1999 como resultado dos traballos de investigación levados a cabo polo Departamento de...

Universidade de Santiago de Compostela
NANOGAP, S.L.

NANOGAP é unha compañía innovadora basada no desenvolvemento realizado polos profesores M. A. López-Quintela e J. Rivas (...

Universidade de Santiago de Compostela
NANOIMMUNOTECH

NANOIMMUNOTECH (NIT) é unha empresa do sector da Nanobiotecnoloxía, fundada en Agosto do 2009, Spin-off da Universidade de Vigo e da Universidade...

Universidade de Vigo
NEOKER, S.L.

NEOKER é unha spin-off do Instituto de Cerámica de Galicia (I.C.G.), da Universidade de Santiago de Compostela (U.S.C.), a súa ...

Universidade de Santiago de Compostela
Nomasystems, SL

Nomasystems é unha empresa dedicada ao desenvolvemento de sóftware que proporciona solucións a medida para cada cliente. O seu ámbito de...

Universidade da Coruña
PELOIDES TERMALES, S.L.

EBT Promovida pola Universidade de Vigo, nacida no Departamento de Física Aplicada, adicada á consultoría sobre produción, desenvolvemento e...

Universidade da Coruña, Universidade de Vigo
PLANESGA

PLANESGA é unha empresa de servizos especializada na consultoría medioambiental e territorial, incluído o medio mariño. Conformada por...

Universidade de Vigo
Quantum Innovative S.L.

A empresa Quantum Innovative nace dun grupo de Investigación do Departamento de Enxeñería Mecánica da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros...

Universidade de Vigo
Quattrocento Coach S.L.

QCoach é unha organización dedicada ao desenvolvemento de competencias directivas dende varias perspectivas, así como ao asesoramento ao deporte...

Universidade de Vigo
Recursos y Servicios Gerontológicos SL.

É unha iniciativa que ten por obxectivo principal, aproveitando o avance das TIC e a través da internet, levar ao domicilio ou ás institucións...

Universidade da Coruña
Sedaqua - Humigal Sistemas Ecológicos de Depuración de Aguas, S.L.

Nos últimos anos e debido ao fenómeno do Cambio Climático, estase fomentando o aforro de enerxía e os sistemas eficientes e respetuosos co medio...

Universidade da Coruña
Social Wire Labs

SocialWire Labs é unha empresa que realiza actividades de I+D e comercializa plataformas e contornas de aprendizaxe social (Social Learning...

Universidade de Vigo
SON (Sound of Numbers, S.L.)

A nova lexislación acústica para a edifi cación en España, así como a emerxente preocupación pola contaminación acústica leva a que os estudos na...

Universidade de Vigo
Syntheractive, SL

Synteractive é unha empresa TIC que presta servizos visualmente avanzados para a televisión dixital, independentes do set-top box, definidos...

Universidade da Coruña
Teimas Desenvolvemento, SL

Teimas (Tecnologías de la Información MedioAmbientaleS) es una empresa dedicada al desarrollo de software como un servicio disponible en la red...

Universidade da Coruña
Torus Software Solutions, SL

Torus Software Solutions es una empresa de soluciones de software de comunicaciones ultrarrápido que permite acelerar aplicaciones en entornos...

Universidade da Coruña
Trileuco Solutions, SL

Trileuco Solutions é unha iniciativa empresarial galega, que proporciona servizos integrais de consultoría e solucións en Tecnoloxías da...

Universidade da Coruña
UMANA INGENIERÍA S.L.

Umana Ingeniería é unha empresa especializada en biomecánica e ergonomía, campo no que ofrece todo tipo de servizos, dende a comercialización de...

Universidade de Vigo
VIXÍA SYSTEM S.L.

Vixía System asiste aos seus clientes na adaptación das súas necesidades de coñecemento do medio mediante proxectos de desenvolvemento, utilizando...

Universidade de Vigo