O Prof. Dr. D. Ramón Doallo Biempica novo Académico Numerario da RAGC

25/09/2015

O Pof. Dr. D. Ramón Doallo Biempica xa é novo Académico Numerario da Real Academia Galega de Ciencias, adscrito a  sección de Ensinanzas Técnicas. O solemne acto de ingreso tivo lugar o pasado día 23, no Pazo de San Roque. Tras pronunciar un brillante discurso co  título "No camiño da Computación hexaescala", ao que contestóu o Académico Prof. Dr. D. Fernando Pérez González, o novo académico recibíu o Diploma acreditativo de mans do Sr. Reitor da Universidade da Coruña, a que pertence. De seguido, o Presidente da Academia, D. Miguel Ángel Ríos,  impusolle a medalla de Académico da RAGC. Ao acto, que estivo moi concorrido e ao que asistiron diversas autoridades, finalizóu co  discurso do Presidente da RAGC.