Pasamento do Académico D. Odón Luis Abad Flores

31/05/2016

A Real Academia Galega de Ciencias lamenta comunicar o pasamento do Ilmo. Sr. D. Odón Luís Abad Flores, ocorrido o pasado xoves  26 de Maio. O Sr. Flores foi un destacado Académico Numerario desta Real Academia e no momento do seu falecemento ostentaba a condición de Académico Supernumerario. O noso agradecemento pola súa dedicación á RAGC. Que descanse en paz.