Mañán ingresa na Real Academia Galega de Ciencias Da. Mª. José Alonso Fernández

11/11/2014

Mañán, as 7 da tarde, terá lugar o solemne acto de ingreso da Profra. Dra. Da. María Xosé Alonso Fernández na Real Academia Galega de Ciencias. A sesión de ingreso celebraráse no  Pazo de San Roque, San Roque 2.  Santiago de Compostela. O seu discurso  de ingreso versará sobre LA NATURALEZA COMO FUENTE DE INSPIRACIÓN EN EL DISEÑO DE NANOMEDICAMENTOS. Ao acto asistirán diversas autoridades e será presidido polo Presidente da RAGC, Miguel A. Ríos, quen lle fará entrega do Diploma acreditativo e  lle imporá a Medalla da Institución.

Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC (1986).  Formóuse na USC, na Universidade de París Sur (1987), na Universidade de Angers (1989) e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) (1991-92). Desde 1992 lidera un laboratorio de investigación pioneiro en España no ámbito da nanomedicina.

Dirixiu e coordinou numerosos proxectos de investigación financiados por entidades de relevancia internacional tales como a OTAN, a OMS, a Comisión Europea e a Fundación “Bill & Melinda Gates”. O impacto do seu traballo reflexado en publicacións científicas  permitiulle alcanzar o 9º posto no ranking mundial do “Times Higher Education” na área de Farmacoloxía e Toxicoloxía (2011).

Recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o premio “Jaime I” de novas tecnoloxías, o “Maurice Marie Janot” da Sociedade Internacional de Tecnoloxía Farmacéutica e o premio  Mª Josefa Wonenburger da Xunta de Galicia . E académica da Real Academia Nacional de Farmacia e da Academia de Farmacia de Galicia.