Últimas Novas +
A RAGC entrega os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2023
A Academia destaca que “son un moi bo exemplo da mellor investigación que se está a realizar en Galicia, en áreas que preocupan á sociedade como son o medio ambiente, a saúde e a IA” A RAGC celebrou o acto de entrega dos Premios de Investigación Ernesto Viéitez...
A RAGC e a Xunta convocan a novena edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas (PRAZO: 15 de maio)
Distingue un traballo informativo de carácter científico ou tecnolóxico, escrito ou audiovisual, publicado no último ano en calquera medio de comunicación galego Concederanse 5.000 € ao autor/a da peza gañadora e un accésit para a segunda mellor proposta A RAGC, en...
A RAGC premia aos investigadores da Universidade da Coruña que están a desenvolver métodos novidosos para determinar a presenza de microplásticos no medio
Distingue tamén un proxecto da USC que logrou importantes avances no estudo dunha proteína implicada na regulación da glicosa, de gran repercusión para o tratamento da diabetes Recoñece así mesmo a un equipo do INIBIC, premiado por un sistema de Intelixencia...
Convócanse os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia (PRAZO para a presentación de solicitudes: 30 de abril)
Os galardóns recoñecen traballos de investigación aplicada e casos de éxito en transferencia de coñecemento A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia...
Colócase unha placa homenaxe a Manuel Colmeiro, “Científico Galego do Ano 2023”, no compostelán Parque das Ciencias
Juan Lema, presidente da RAGC: “Foi un economista transformador, que contribuíu á modernización da sociedade galega e española” A RAGC concluía esta mañá os actos de homenaxe ao economista Manuel Colmeiro y Penido, “Científico...
O arquitecto David Chipperfield, o economista Antón Costas e o físico José Manuel Fernández de Labastida ingresarán este ano na RAGC
Converteranse en novos académicos da institución polos méritos acadados nos seus respectivos campos A RAGC vai engrosar este ano a súa relación de académicos correspondentes con tres novas incorporacións. Trátase do arquitecto David Chipperfield, do economista Antón...
Día da Ciencia en Galicia
No contexto da promoción social do coñecemento, obxectivo xeral desta Real Academia, creuse que sería moi conveniente presentar á sociedade galega a vida e obra daqueles galegos ilustres que destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia e aos non galegos que realizaron en Galicia importantes contribucións no ámbito científico-técnico.
Por iso, a Real Academia Galega de Ciencias, en sesión plenaria celebrada o 6 de xullo de 2006, acordou instituír o Día do Científico Galego. Cada ano, a Academia acordará en sesión plenaria a designación dun personaxe que, reunindo algunha das condicións anteriores, será proclamado Científico Galego do ano. O acordo establece tamén que, aínda que a designación é para todo o ano, renderáselle unha homenaxe pública nun acto solemne.