Alicia Estévez Toranzo

Doutora en Bioloxía e Licenciada en Farmacia. Catedrática de Microbioloxía na USC

Na USC dirixe o grupo de investigación de Patoloxía en Acuicultura. Foi directora do Dpto. de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC e é coordinadora do Programa de Doutorando en “Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria”.  É autora de máis de 300 artigos e capítulos de libros, é titular de 8 patentes de uso en acuicultura,  participou en 90 proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico nacionais, europeos e autonómicos e mantén unha continua colaboración de asesoramento e prestación de servizos con compañías do sector produtivo e do sector farmacéutico-veterinario.  Dirixiu 17 teses doutorais e foi invitada a impartir máis de 100 conferencias e cursos sobre Acuicultura e Microbioloxía ambiental en congresos e universidades ou centros de investigación nacionais e internacionais.  Premio Nacional “Jaime Ferrán” da Sociedad Española de Microbiología, “Título de Excelencia gallega en Investigación” de la AEGACA, Premio “Bióloga do Ano 2018” do COBGA , Premio “Maria Josefa Wonenburger Planells 2018” da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia” e Premio “Colexiada do Ano 2019” da Unión Profesional de Galicia.  É Académica de Número da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e da Real Academia de Farmacia de Galicia e vogal do Consello da Cultura Galega, representando á RAGC.