Ciclo de conferencias Dr. D. Luis Asorey García 2012

Salón de Actos da Excma. Deputación Provincial de Lugo - Rúa San Marcos nº 8 - Lugo - Hora: 19:30 horas

CICLO DE CONFERENCIAS DR. D. LUIS ASOREY GARCÍA

RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO X ANIVERSARIO (2002-2012)

19, 20, 21, 22, 26, 27 e 28 de Novembro de 2012 ás 19,30 h

Como froito dun convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega de Ciencias prográmase un novo curso de conferencias baixo o título: “RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO”, que se desenvolverá no Salón de Actos da Deputación Provincial Lucense.

As conferencias que inclúe este ciclo adéntranse en temas da máis palpitante actualidade e serán impartidas por destacados especialistas.

Os alumnos inscritos no curso e que xustifiquen a súa asistencia ao mesmo recibirán un diploma acreditativo, así como a certificación para o recoñecemento de 1 crédito de libre configuración curricular pola Universidade de Santiago de Compostela.

A Real Academia Galega de Ciencias acordou dedicar este ciclo de conferencias á memoria do Dr. D. Luís Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi Académico, Secretario e Vicepresidente da Real Academia Galega de Ciencias.

 

Descargar díptico