Ciclo de conferencias Dr. D. Luis Asorey García 2015

Salón de Actos da Excma. Deputación Provincial de Lugo - Rúa San Marcos nº 8 - Lugo - Hora: 19-21 horas

 

CICLO DE CONFERENCIAS DR. D. LUIS ASOREY GARCÍA

BIOMASA FORESTAL E BIOENERXÍA EN GALICIA

16, 17, 18, 19, 23, 24  e 25 de Novembro de 2015

Como froito dun convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega de Ciencias prográmase un novo curso de
conferencias baixo o título : “ BIOMASA FORESTAL E BIOENERXÍA EN GALICIA”, que se desenvolverá no Salón de Actos da Deputación Provincial Lucense.
As conferencias que inclúe este ciclo adéntranse en temas da máis palpitante actualidade e serán impartidas por destacados especialistas.
Os alumnos inscritos no curso e que xustifiquen a súa asistencia ao mesmo recibirán un diploma acreditativo.
A Real Academia Galega de Ciencias acordou dedicar este ciclo de conferencias á memoria do Dr. D. Luís Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi Académico, Secretario e Vicepresidente da Real Academia Galega de Ciencias.

 

INSCRICIÓN GRATUÍTA

Matrícula:
A partir do 26 de outubro ata completar aforo.

Entrega de solicitudes:
Rexistro Xeral Excma. Deputación de Lugo. R/ San Marcos, 8

Ciclo recoñecido provisionalmente pola Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación
do profesorado non universitario.

 

Descargar díptico