Ciclo sobre emprendimiento científico y Concurso de ideas empresariales innovadoras

Salón de Actos Confederación de Empresarios de Galicia, Rúa de Vilar, 54 - Santiago de Compostela

 

Ciclo de Charlas, Mesas de debate e Seminario/Obradoiro

O EMPRENDEMENTO CIENTÍFICO: UNHA OPORTUNIDADE NECESARIA

(XVII Avances en Ciencia eTecnoloxía 2014)

Días 13, 14, 15, 16 en 23 de Outubro de 2014 as 19,00 horas
Día 30 de Outubro de 2014 as 17,00 horas

Crédito de libre configuración USC (En trámite)

O emprendemento científico é un excelente camiño para acadar o autoemprego e neste sentido constitúe unha verdadeira oportunidade para todos aqueles que, a través de coñecemento adquirido, teñan nunha idea que poida ser desenvolvida empresarialmente. En tempos de crise, aumentar o número de empresas, favorecer o emprego e contribuír a achegar o coñecemento ao tecido produtivo son características que fan que o emprendemento científico sexa, ademais, unha necesidade.

Por todo isto, pénsao ben! Cantas ideas positivas veñen quedando no tinteiro por non pensar nas súas posibilidades ou por non haber quen se atreva a desenvolvelas? No emprendemento científico podes atopar a túa oportunidade, así como a maneira de contribuir ao desenvolvemento de Galicia.

Inscríbete neste ciclo e, se tes unha idea, anímate a presentala sen complexos. Algún día poderás estar agradecido de ter tido esta oportunidade.

 

CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS

(Complemento do Ciclo sobre Emprendemento)

Obxectivos

Fomentar o espírito emprendedor nos mozos, a partir do coñecemento científico adquirido.
Poñer sobre a mesa posibles ideas baseadas no coñecemento e susceptibles de ser desenvolvidas empresarialmente.
Esbozar o camiño que vai dende unha idea ata un proxecto de empresa.

Destinatarios:  Estudantes, Titulados Superiores, Doutorandos e Doutores das Universidades Galegas, así como Persoal Investigador vinculado a Centros de Investigación de Galicia.

Premios: Outorgaranse premios por un importe total de 3600 €:

1 Premio de 1500 € financiado polo IGAPE 

1 Premio de  900 €, financiado polo IGAPE        

1 Premio de   600 €, financiado polo IGAPE  

1 Premio de 600 €, ao emprendemento feminino, financiado por la Secretaría Xeral da Igualdade (Xunta de Galicia)

Aos tres primeiros poderán concorrer homes e mulleres. Ao cuarto poderán optar só mulleres.

INSCRICIÓN

Para inscribirse no concurso de ideas, será obrigatorio facelo tamén no ciclo (inscrición conxunta). Os non interesados no concurso poderán inscribirse só no ciclo (inscrición simple). Ambos tipos de inscrición serán gratuitos e atentidos por rigoroso orde de entrada, ata completar o aforo do local.

As inscricións conxuntas no concurso e no ciclo terán preferencia.

As inscricións faranse vía telemática cumplimentando o formulario de inscrición, entre o 8 de Setembro e o 13 de Outubro as 14 horas, ambos inclusive. 

 

Bases da convocatoria

Descargar díptico

Descargar cartél