Antón Álvarez Sousa

Catedrático de Socioloxía da UDC

Especialista en planificación e xestión do turismo, estrutura social e cooperación o desenvolvemento. Director de mais de 20 teses de doutoramento e de mestrado. Autor de mais de 50 artigos e libros. Investigador principal de 40 proxectos de investigación. Decano da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Director do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante da UDC, Coordinador do Máster en Planificación e Desenvolvemento Local, Coordinador do Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos, Coordinador do Doutoramento en Dirección e Planificación do Turismo, Presidente da Asociación Galega de Socioloxía, Director do grupo de investigación de Ocio e Turismo da Federación Española de Sociología, Director da Revista Latina de Sociología. Investigador en centos de distintas partes do mundo como París (Collège de France), Londres (London School of Economics and Political Science), Estados Unidos (Fernand Braudel Center), entre outros.  Recibiu os premios de Fin de Estudos, e o I Premio de Investigación a Area de Ciencias Xurídico-Sociais da Universidade Complutense de Madrid.