Día del Científico Gallego 2009. Prof. Dr. Isidro Parga Pondal

PROF. DR. ISIDRO PARGA PONDAL

Nace o 17 de Decembro de 1900 en Laxe, A Coruña. En 1914 morre o seu pai, polo que vai ser o seu avó, Don Isidro Pondal Abente (irmán do poeta Eduardo Pondal), o que influirá decididamente na súa vocación pola química.

Estudou o Bacherelato en Santiago de Compostela e en 1918 marcha a Madrid para estudar Ciencias Químicas, licenciándose en 1922. Ao ano seguinte, 1923, obtén unha praza como profesor auxiliar de Química Inorgánica e Analítica na recentemente creada Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela. Ao ano seguinte entra a formar parte do recentemente nado Seminario de Estudos Galegos, en cuxa revista aparecerán publicados os seus primeiros traballos sobre geoquímica.

Realizou estudos de doutoramento en Zurich, reintegrándose en 1933 á Universidade de Santiago de Compostela. Coa creación do Laboratorio de Geoquímica da universidad compostelá inicia as súas investigacións sobre Galicia e empeza a formar aos primeiros xeoquímicos galegos, proxecto inconcluso polo comezo da Guerra Civil española.

En 1934 finaliza a súa tese doutoral obtendo a calificación de sobresaliente cum laude na Universidade de Madrid.

Ao comezo da Guerra Civil, en 1936 e co pretexto da súa pertenza ao Seminario de Estudos Galegos e a súa amizade con ilustres galeguistas como Castelao, é expulsado da Universidade de Santiago, aínda que en 1940 é absolto de todos os cargos contra el polo que podería haberse reintegrado á Universidade, sen embargo non o fai e retírase a Laxe onde crea unha empresa mineira para a explotación do caolín, "Kaolines de Laxe S.A." e funda o Laboratorio Xeolóxico de Laxe.

En 1965 coincidindo coa súa xubilación dá por finalizadas as actividades do Laboratorio Xeolóxico de Lage, aínda sen embargo continúe mantendo unha actividade esporádica, esencialmente correspondencia con persoas interesadas en xeloxía galega ou cos seus antigos colaboradores españois ou extranxeiros.

En 1978, morreron a súa muller e un dos seus dous fillos, o que supón un duro golpe para el, polo que se ve tentado, vendo o esquecemento de moitas persoas, e segundo as súas mesmas palabras "a queimar todos os arquivos e materiais do Laboratorio". Afortunadamente o investigador Carlos Rodríguez Baltar disúadeo diso animándoo a contactar con Isaac Díaz Pardo que lle ofrece o seu apoio e un local no Castro de Sada onde reorganizar os fondos do Laboratorio para a súa consulta por todos os interesados en xeoloxía de Galicia. Foi chamado Laboratorio Xeolóxico de Laxe.

Isidro Parga Pondal traballará no Laboratorio Xeolóxico de Laxe ata o 4 de Marzo de 1986, en que falece aos 85 anos de idade.

Durante toda a súa vida activa Isidro Parga Pondal realizou moi diversos traballos e colaborou con numerosas institucións xeolóxicas de todo o Mundo. En 1945 colabora co Instituto Geológico y Minero de España realizando a primeira cartografía xeolóxica de Galicia e en 1954 a Universidade de Leiden (Países Baixos) colabora nos seus programas, como o farían posteriormente as de Montpellier, Estrasburgo, Zurich, Munster, Porto, Coimbra e Lisboa. En 1962 é nomeado profesor agregado do Instituto Lucas Mallada (CSIC).

Ademais das publicacións na revista do Seminario de Estudos Galegos, publica o Mapa Xeolóxico de Galicia (1963), realizando posteriormente os provinciais e o Mapa Xeolóxico da Península Ibérica (1970). Realizou tamén dúas cartografías do Macizo Hespérico Peninsular (1962 y 1982).

Entre os premios que consiguiu destacan o Premio Ramón Mourente (1958), o Pedrón de Ouro (1965), o Premio de Ciencias da Deputación da Coruña (1972), o Premio de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidad de Menéndez Pelayo (1982) e a medalla Castelao.

Foi investido Doctor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1983. Foi Presidente de Honra da Academia de Ciencias de Galicia, membro numerario da Academia de Doctores de Madrid, correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, correspondente da Real Academia de Doctores de España e correspondente das de Ciencias e Arte de Barcelona.