Appeiros Mobile Development

Appeiros Mobile Development é unha iniciativa empresarial promovida por estudantes de Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña coa intención estratéxica de desenvolver aplicacións para dispositivos móbiles intelixentes que permitan a comunicación e o acceso á información en calquera lugar e momento baseándonos nas principais plataformas de desenvolvemento para promover o seu uso sensato e universalización.

As nosas metas son:

  • Axudar a empresas e organizacións locais a mellorar a súa presenza en mobilidade.
  • Desenvolver e comercializar aplicacións propias a nivel internacional.
  • Colaborar na incorporación de colectivos minoritarios ás novas tecnoloxías móbiles.

Para acadar estas metas plantexamos as seguintes liñas estratéxicas:

  • Desenvolvemento de aplicacións propias:
    • Deeyouke: app para poñer música baixo demanda en locais públicos.
  • Colaboración con colectivos minoritarios:
    • Aplicación para persoas con disfuncións cognitivas (por exemplo, enfermos de Alzheimer).
  • Desenvolvemento de apps a medida para entidades locais.

O noso enfoque é a paixón pola tecnoloxía e a busca da excelencia no desenvolvemento de software en mobilidade, fundamentada na calidade, a innovación e a responsabilidade social.

Podes saber máis sobre Appeiros nestas referencias:

Se accedes dende un ordenador: appeiros.com
Se accedes dende un móbil ou tablet*: mobile.appeiros.com
Síguenos en Twitter: @appeiros