BIT OCEANS RESEARCH, S.L.

Bit Oceans desenvolve solucións avanzadas destinadas a evitar a fraude documental nos sectores público, fi nancieiro e de organizacións profesionais. O know-how do equipo de enxeñería da empresa céntrase na área da seguridade documental impresa, empregando técnicas avanzadas de procesado de sinal e na área da seguridade documental dixital asociada á fi rma electrónica. Constituida en xaneiro de 2008, Bit Oceans ten a súa orixe na Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo e está participada pola Sociedade de Capital Risco Unirisco Galicia SCR, a integradora de sistemas especializada en Telcos Optare Solutions, e os membros do equipo directivo.

Orixe: Grupo de Investigación de Teoría do Sinal e Comunicación.

Inicio da actividade: 2008

Mercado e ámbito xeográfico:
Bit Oceans traballa principalmente para os sectores público e financeiro no ámbito nacional, e ten iniciado os primeiros contactos para comezar a internacionalización en 2011.

Liñas de Negocio:
Bit Oceans comercializa solucións baseadas na súa tecnoloxía Fividoc, con solicitude de patente PCT, a cal se sitúa como a fi rma dixital impresa, cerrando o círculo da seguridade documental, permitindo detectar dun xeito totalmente automático a falsifi cación de documentos impresos.