Galebook, SL

Galebook nace co obxectivo de chegar a ser a plataforma de referencia de distribución do libro dixital en galego. A nosa liña de traballo vai dirixida á promoción da lingua e cultura galegas a través das TIC e da lectura. Para acadar este fin, centrámonos na creación e comercialización de contidos en galego pertencentes a ámbitos tan diversos como o educativo, literario, científico ou xurídico en formato electrónico, tarefa de vital importancia na actual sociedade da información.