GEODEM, S.L.

Empresa que xorde da transformación e desenvolvemento das actividades do Grupo de Investigación AF-4 da Universidade de Vigo, en servizos profesionais a empresas e entidades, ao observar a capacidade do grupo na realización de proxectos de innovación e creación de metodoloxías orixinais. Trátase dunha idea de negocio cualifi cada como Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica (IEBT) pola Xunta de Galicia en Marzo de 2009. A misión de GEODEM é contribuír ao desenvolvemento sostible, á enxeñería do medio ambiente e dos recursos naturais, así como á formación en materia ambiental de forma avanzada e efectiva, entre outras áreas de xeito on-line, para asegurar os resultados elevados dos seus clientes, apoiándose nun profundo coñecemento en novas tecnoloxías de aplicación en distintos sectores de actividade.

Orixe: Grupo de Investigación AF-4.

Inicio da actividade: 2009.

Mercado e ámbito xeográfico:
A actividade da empresa abrangue a consultoría en proxectos técnicos relacionados coa enxeñería do medio ambiente e dos recursos naturais, o desenvolvemento sostible e a innovación tecnolóxica. Ademais tamén se realizan estudos, plans, proxectos e informes relacionados co medio ambiente tales como o impacto ambiental, medio rural, contaminación, patrimonio, turismo, etc.

Liñas de Negocio:

  • Consultoría.
  • Xestión forestal sostible.
  • Medio ambiente natural.
  • Espacios naturais protexidos.
  • Enxeñería dos recursos naturais.
  • Innovación tecnolóxica.
  • Desenvolvemento sostible ligado a actividades humanas.
  • Formación on-line.
  • Estudo de efectos e impactos ambientais.
  • Avaliacións ambientais estratéxicas.