Imatia S.L.

Imatia é unha enxeñería de software, un provedor de software independente e unha consultoría de nova xeración que permite o desenvolvemento rápido de solucións de negocio de alta calidade. Centra a súa actividade en traballar xunto a consultoras de tecnoloxías da información, integradores, empresas de software e departamentos de Tecnoloxías da Información de grandes empresas ampliando a gama de produtos e servizos que estas empresas poden ofertar aos seus clientes respondendo de xeito áxil ás súas necesidades crecentes.

Orixe: Grupo de investigación DASA (Deseño e Automatización de Sistemas Avanzados)

Inicio da actividade: 2005

Mercado e ámbito xeográfico:
Imatia chega ao mercado aliándose con outras empresas de software e consultoría a nivel nacional e internacional de todos os sectores, dende empresas TIC, empresas produtivas, empresas de servizos, Administracións Públicas, etc.

Liñas de Negocio
Imatia oferta ao mercado os seguintes produtos e servizos:

Ontimize é a tecnoloxía para o desenvolvemento rápido de sistemas de información. É un Framework declarativo baseado en componentes, cliente rico Web e estándares Java e XML que permite aumentar a produtividade e fi abilidade do proceso de desenvolvemento de software permitindo integrarse coa estrutura corporativa. Imatia Labs son os servizos que presta Imatia para proxectos de I+D e desenvolvemento a medida. Baseándose en Ontimize, Cividas e Elastic proporciónanse servizos de integración con sistemas corporativos, desenvolvemento a medida, proxectos de I+D, formación, asesoramento, mantemento, soporte ao desenvolvemento e de segundo nivel.

Elastic Business é a solución fl exible para a xestión integral de empresas en crecemento. Máis alá do ERP (vendas, compras, fi nanzas e almacén), inclúe módulos avanzados de produción, trazabilidade, calidade, loxística industrial, relación con clientes e cadro de mando.

Cividas é unha poderosa plataforma de solucións baseada en código aberto que permite ás administracións públicas mellorar a xestión dos seus procesos internos integrándose con outros sistemas e mantendo a interacción coa cidadanía.