INBIOGAL, S.L.

Inbiogal traslada os coñecementos científi cos e tecnolóxicos, xurdidos das investigacións do Grupo BB1 ao ámbito clínico-sanitario e biotecnolóxico, para que podan ser aplicados e explotados comercialmente. Ademais de servizos de formación e asesoramento especializado no eido da bioquímica e a bioloxía molecular, tamén presta asistencia no deseño e desenvolvemento de estudos de investigación específi cos de carácter bioquímico ou xenético e busca fornecer á sociedade dun centro no que, dun xeito rutinario e fi able, se leven a cabo análises xenéticas e bioquímicas que axuden no diagnóstico, seguimento, pronóstico e tratamento de numerosas patoloxías.

Orixe: Biomarcadores Moleculares (BB1) do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía.

Inicio da actividade: 2008

Mercado e ámbito xeográfico:
O mercado ao que nun principio se dirixen os produtos de Inbiogal é a comunidade galega, en especial Vigo e a súa área metropolitana, as provincias de Pontevedra e Ourense, coa idea dunha expansión paulatina cara ó norte de Portugal. Os clientes obxectivos son os laboratorios clínicos locais, centros médicos e hospitais, empresas biotecnolóxicas e no tocante á formación e asesoramiento científi co no ámbito da bioquímica e a bioloxía molecular, tamén a particulares.

Liñas de Negocio:

  • Estudos xenéticos.
  • Estudos de biotoxicidade celular.
  • Explotación e aplicación das patentes de invención obtidas.
  • Cursos e programas de formación específi cos en técnicas de bioquímica e bioloxía molecular.
  • Asesoramento e Asistencia.
  • Asistencia e asesoramento para o deseño de estudos científi cos.
  • Optimización de procesos biotecnolóxicos de produción industrial.
  • Elaboración de estudos e proxectos de investigación biolóxica "á carta".