NANOIMMUNOTECH

NANOIMMUNOTECH (NIT) é unha empresa do sector da Nanobiotecnoloxía, fundada en Agosto do 2009, Spin-off da Universidade de Vigo e da Universidade de Zaragoza e acreditada como EIBT (Empresa Innovadora de Base Tecnolóxica) pola Xunta de Galicia.

Nanoimmunotech ofrece unha gran variedade de técnicas e experiencia en Nanotecnoloxía, é unha compañía pioneira en Europa adicada a caracterización biolóxica (estudos de biocompatibilidade e inmunoxenicidade) de nanoestruturas, previo aos experimentos in vivo, ó análise físico-químico de nanopartículas, o desenvolvemento de anticorpos monoclonais producidos a petición do cliente, e a funcionalización de nanopartículas (conxugación de moléculas diferentes, tales como ácidos nucléicos, enzimas, carbohidratos, péptidos...). A empresa posúe recursos humanos altamente cualifi cados e recoñecedidos internacionalmente, protocolos estandarizados e, en defi nitiva, o know how para realizar un correcto asesoramento e validación dos nanosistemas, como paso previo ao seu uso en aplicacións biomédicas fundamentalmente.

Premios:
- Premio "Mellor proxecto empresarial no eido biotecnolóxico 2008" promovido polo BIC GALICIA, IGAPE e a FUNDACIÓN GENOMA ESPAÑA.
- Premio V Concurso UNIEMPRENDIA 2009. Programa para a promoción de empresas de base tecnolóxica nas universidades españolas, CSIC e INTA.
- 2º Premio Empresa de Base Tecnolóxica IX Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC 2008-09. Maio 2009.

Mercado e ámbito xeográfico:
A actividade de NIT céntrase en empresas biomédicas, farmacéuticas e biotecnolóxicas, o mercado agro-alimentario e veterinario, e grupos de investigación adicados á síntese de nanopartículas con potencial aplicación biomédica in vivo, abranguendo o mercado nacional e internacional.

Liñas de Negocio:

  • Estudos de biocompatibilidade. As nanoestruturas poden interactuar cos sistemas biolóxicos (proteínas séricas, complemento, fl uidos corporais, células). Previo ao seu uso in vivo, deben ser testadas co fi n de coñecer a súa toxicidade, inmunoxenicidade, esterilidade.
  • Caracterización físico-química de nanoestruturas utilizando unha gran diversidade de métodos (Elemental analysis, Zeta Potential, fl uorescencespectroscopy, UV-visible spectroscopy, Tem-EDX, RMN, FTIR, XPS, ICP, DLS).
  • Funcionalización (conxugación de biomoléculas a nanopartículas (carbohidratos, enzimas, péptidos, ácidos nucléicos).
  • Produción de anticorpos monoclonais á carta e posibilidade de funcionalizar as nanoestruturas cos mesmos.
  • Asesoramento.
  • Estudos de reproducibilidade e validación das Nanopartículas.