PELOIDES TERMALES, S.L.

EBT Promovida pola Universidade de Vigo, nacida no Departamento de Física Aplicada, adicada á consultoría sobre produción, desenvolvemento e propiedades de peloides a medida, tanto para aplicacións terapéuticas coma cosméticas. Deseña produtos de peloides a partir das especifi cacións e características das augas e outros derivados termais de cada cliente. Un traballo innovador xa que na actualidade non hai ningunha empresa que se adique á produción de peloides a medida. O factor fundamental de innovación reside en que os resultados que se obteñen son únicos para cada cliente, diferenciando e dando exclusividade a cada un dos tratamentos creados con estes peloides.

Orixe: Grupo de Investigación de Física aplicada (FA2)

Inicio da actividade: 2009

Mercado e ámbito xeográfico:
Orientada ao mercado do turismo de saúde, en concreto como proveedor de servizos e peloides para balnearios e talasos. Galicia é o principal mercado ao que se dirixe Peloides Termales xa que é a comunidade autónoma con maior número de establecementos termais dentro do Estado Español, un sector en claro crecemento durante os últimos anos.

Liñas de Negocio:

  • Consultoría e asesoramento.
  • Desenvolvemento de peloides e cosmética termal.
  • Estudo de Efi cacia e Test Dermatolóxico.
  • Importación, exportación e distribución de produtos.