PLANESGA

PLANESGA é unha empresa de servizos especializada na consultoría medioambiental e territorial, incluído o medio mariño. Conformada por profesionais de distintas disciplinas, da servizo a promotores públicos e privados con necesidades de enfoques integrais, perspectiva interdisciplinar e emprego de novas tecnoloxías. Os servizos que presta a empresa poden clasifi carse en catro familias:

  1. Asesoramento ás Administracións Públicas na implementación e desenvolvemento de toda actividade derivada da implantación da Lei 9/2006, de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.
  2. Sistemas de información (Sistemas de información xeográfi ca, Sistemas de información ambiental, Bases de datos xeorreferenciados).
  3. Análises territoriais: estudos do medio físico, estudos socioeconómicos, planifi cación e xestión do litoral, ordenación territorial.
  4. Produción cartográfica.

Orixe: Grupo de Investigación de Avaliación Ambiental Estratéxica e Ordenación Ambiental (AAE).

Mercado e ámbito xeográfico:
Planesga desenvolve a súa actividade principalmente en Galicia e o norte de Portugal, tendo coma principal mercado ás Administracións Públicas e a promotores privados de proxectos con implicacións ambientais e proxección territorial.

Liñas de Negocio:

  • Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE).
  • Informes de Sustentabilidade Ambiental (ISA).
  • Memorias Ambientais.
  • Avaliación de Impacto Ambiental (AIA).
  • Estudos de Impacto Ambiental (EIA).
  • Sistemas de Información Xeográfi ca (SIX).
  • Sistemas de Información Ambiental (SIA).
  • Xeoportais.
  • Estudos Territoriais.
  • Ordenación Territorial.
  • Ordenación Litoral.
  • Xestión Integral de Zonas Costeiras (XIZC).
  • Cartografía.