Quattrocento Coach S.L.

QCoach é unha organización dedicada ao desenvolvemento de competencias directivas dende varias perspectivas, así como ao asesoramento ao deporte profesional. O prestixio desta EBT da Universidade de Vigo nace da calidade do seu equipo de profesionais no que se combinan destacados representantes da formación de directivos con outros da Programación Neurolingüística (PNL) e a psicoloxía deportiva, as áreas de mellores resultados na aplicación da psicoloxía ao rendemento mental. O recoñecemento á traxectoria deste equipo débese tanto ao aspecto académico como profesional. QCoach engloba un conxunto de técnicas e modelos de aprendizaxe de diversas disciplinas, de probada efi cacia, combinadas con novas achegas obtidas da propia experiencia e investigación. De todo isto xurde o método QCOACH de formación.

Orixe: Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación.

Inicio da actividade: 2008

Mercado e ámbito xeográfico:
QCoach desenvolve as súas actividades de coaching e cursos de formación nos sectores empresarial, político e deportivo principalmente en Galicia e norte de Portugal. Ademais, no resto de España imparte conferencias e cursos para empresas, universidades ou outras institucións.

Liñas de Negocio

  • Formación en habilidades directivas para empresarios e políticos.
  • Coaching individual e grupal.
  • Cursos in-company para favorecer a cohesión da empresa e mellorar a produtividade.