Recursos y Servicios Gerontológicos SL.

É unha iniciativa que ten por obxectivo principal, aproveitando o avance das TIC e a través da internet, levar ao domicilio ou ás institucións de persoas maiores diferentes contidos do ámbito social e sanitario, entre os cales se encontran terapias de grupo, videoconferencia con profesionais da área socio-sanitaria, contidos estáticos e dinámicos de interese para persoas maiores, unha aplicación para a estimulación cognitiva e un sistema de telealarma que ao ser iniciado poría en marcha unha videoconferencia co centro de control.


Trátase, por tanto, dun novo recurso xerontolóxico de apoio a domicilio, que pode mellorar a calidade de vida das persoas maiores manténdoas no seu fogar e evitando a institucionalización cun baixo custo.