Social Wire Labs

SocialWire Labs é unha empresa que realiza actividades de I+D e comercializa plataformas e contornas de aprendizaxe social (Social Learning Environments - SLE) aplicados en toda a súa extensión á educación e a formación en xeral en todas as súas modalidades (presecial, semipresencial ou non presencial), aprendizaxe, tanto formal como informal, traballo e comunicación en grupos, e a xestión do coñecemento e o talento dentro dunha organización ou comunidade.

Orixe: Equipo de Investigación de Enxeñería de Servizos de Redes (ET3).

Mercado e ámbito xeográfico:
Pola súa natureza, Social Wire pretende dirixirse ao mercado mundial, principalmente a organizacións educativas, empresas e organizacións con persoal moi distribuído xeografi camente, comunidades de práctica e xestores de redes sociais orientadas ao coñecemento.

Inicio da actividade: 2009

Liñas de Negocio

  • Produtos:
    O produto de referencia de SocialWire Labs é unha plataforma de e-learning social, baseada no núcleo do proxecto de código aberto Elgg, que incorpora solucións propias especifi camente deseñadas e desenvolvidas para:
    • Dar soporte á aprendizaxe formal (funcións de LMS tradicional).
    • Servir de complemento perfectamente integrado con Moodle, a plataforma LMS de código aberto máis amplamente usada.
    • Dar soporte á aprendizaxe informal.
    • Servir de soporte á xestión do coñecemento e talento dentro dunha organización ou comunidade.
  • Servizos tecnolóxicos:
    • Desenvolvemento a medida de plataformas sociais de e-learning e de servizos Web 2.0 ou de Web Social.
    • Soporte técnico e mantemento das plataformas desenvolvidas.
    • Investigación e innovación en materia de novas técnicas e métodos de aprendizaxe, traballo en grupo, recomendación social é identifi cación e xestión do talento e o coñecemento.
  • Servizos profesionais:
    • Adestramento na adquisición de novas competencias relacionadas coa Web social, implantación de novas formas de traballo e xestión da comunicación interna e externa.
    • Asistencia para a confi guración da plataforma segundo necesidades e a súa integración coa Web corporativa.
    • Animación de comunidades.