UMANA INGENIERÍA S.L.

Umana Ingeniería é unha empresa especializada en biomecánica e ergonomía, campo no que ofrece todo tipo de servizos, dende a comercialización de produtos de desenvolvemento propio ata execución de proxectos de I+D+i. Non obstante, Umana mantén ademais unha liña de desenvolvemento de proxectos de I+D+i que se extende a outros campos da enxeñería mecánica e electrónica, ofrecendo aos seus clientes un servizo de calidade para a innovación de produto e a consecuente mellora da competitividade.

Orixe: Grupo de Investigación Biomecánica e Ergonomía da Universidade de Vigo

Inicio da actividade: 2006

Mercado e ámbito xeográfico:
Umana Ingeniería ofrece os seus servizos aos sectores clínico, deportivo e industrial (automoción, calzado, descanso, mobiliario, etc.) no ámbito español.

Liñas de Negocio:

  • Biomecánica clínica - servizos avanzados de diagnóstico e valoración funcional.
  • Biomecánica deportiva - produtos de tecnifi cación e mellora do rendemento deportivo.
  • Ergodeseño - proxectos de deseño ergonómico de produtos industriais: asentos, calzado, colchóns.
  • Proxectos de I+D+i.