VIXÍA SYSTEM S.L.

Vixía System asiste aos seus clientes na adaptación das súas necesidades de coñecemento do medio mediante proxectos de desenvolvemento, utilizando sensores aéreos e espaciais, modelos preditivos, algoritmos de intelixencia artifi cial, topografía e modelos de circulación e xestión de recursos. Para levar a cabo este cometido, Vixia conta coa experiencia previa do grupo de investigación aplicada, así como con ferramentas de xestión e modelado de parámetros ambientais, redes neuronais e sistemas difusos, modelos baseados en casos e experiencias adquiridas en anos de proxectos de investigación aplicada.

Orixe: Laboratorio de Teledetección e GIS

Inicio da actividade: 2007

Mercado e ámbito xeográfico: Vixia presta os seus servizos aos seguintes sectores:

  • Pesqueiro (a nivel mundial).
  • Medio Ambiente (a nivel nacional).
  • GIS (a nivel nacional).
  • Calidade das augas (a nivel galego).

Liñas de Negocio:

  • Modelos de sustentabilidade e impacto ambiental.
  • Xestión pesqueira.
  • Monitorización e modelado de verquidos.
  • Calidade de augas.