Juan Manuel Lema Rodicio

Catedrático de Enxeñaría Química da USC

Especialista en biotecnoloxía ambiental aplicada ó tratamento e recuperación de recursos de residuos e augas residuais. Director de 60 teses de doutoramento. É autor de máis de 400 artigos e capítulos de libros internacionais e titular de quince patentes, cinco delas internacionais.  Foi director dos departamentos de enxeñaría química das Universidades Autònoma de Barcelona e Santiago de Compostela; promotor e primeiro director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC; promotor e primeiro presidente da CODDIQ. Fellow da International Water Association, Medalla de ouro de enxeñaría química da Universidad de Valladolid; Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela; Dr. Honoris Causa pola Pontificia Universidad Católica de Valparaíso; Honorary Professor da University of Queensland. Recibiu os premios  García-Cabrerizo, European Prize Q-IQS  e Babcock.