- Este evento pasou.
Ciclo Avances 2026 “Nanotecnoloxía ao servizo da sociedade: retos e solucións do presente e do futuro”
Xuño 1 @ 5:00 p.m. - Xuño 4 @ 8:30 p.m.

A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación da Coruña promoven unha nova edición do “Ciclo Avances” baixo o título “Nanotecnoloxía ao servizo da sociedade: retos e solucións do presente e do futuro”. Realízase en colaboración co Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) e o Instituto de Materiais (IMATUS) da Universidade de Santiago, o Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña) e o Concello da Coruña. Ten como obxectivo ofrecer unha visión clara e actualizada dos principais avances da nanotecnoloxía, destacando as áreas que experimentaron un desenvolvemento rápido e significativo nos últimos anos.
No transcurso do ciclo afondarase nos retos e solucións que a nanotecnoloxía ofrece nos eidos dos materiais, a enerxía e o medioambiente. Tratarase tamén a súa contribución ás ciencias da vida, en particular as súas aplicacións en medicina, farmacoloxía e biotecnoloxía. E abordarase o seu impacto no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, na medida en que está a transformar a electrónica, a computación e as redes de transmisión de datos.
Introdución á Nanotecnoloxía
Presentación
Juan Lema Rodicio. Presidente da RAGC
Carmen Álvarez Lorenzo. Directora do Instituto de Materiais (iMATUS-USC)
José Rivas Rey / Rosa Menéndez López. Coordinadores do curso
Nanotecnoloxía: explorando o invisible para transformar o visible
José Rivas Rey. Académico da RAGC. Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnología (INL)
Clivia Sotomayor Torres. Directora xeral do INL (Braga, Portugal)
Da nanoestrutura ao átomo: a revolución silenciosa da catálise
Arturo López Quintela. Académico da RAGC. Catedrático da USC
———————–
Materiais, Enerxía e Medio Ambiente
Presentación
Juan Lema Rodicio. Presidente da RAGC
Gumersindo Feijoo Costa. Director do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS-USC)José Rivas Rey / Rosa Menéndez López. Coordinadores do curso
Sistemas fotocatalíticos baseados en nanomateriais aplicados ás tecnoloxías de tratamento de augas e a súa sostibilidade ambiental
María Teresa Moreira Vilar. Catedrática da USC
Nanomateriais para unha enerxía limpa, segura e sostible
Ana Arenillas de la Puente. Profesora de investigación do CSIC. Instituto de Ciencia y Tecnología del Carbono (INCAR, Oviedo)
Nanomateriais, hidróxeno verde e transformación de CO2
Carlos A. Prieto de Castro. Profesor de investigación do CSIC. Instituto de Ciencia de Materiales de Madrid (ICMM-CSIC)
Materiais nanoestruturados contra a contaminación da auga
Yolanda Piñeiro Redondo. Investigadora asociada da USC
———————–
Ciencias da Vida
Presentación
Juan Lema Rodicio. Presidente da RAGC
José Rivas Rey / Rosa Menéndez López. Coordinadores do curso
O Párkinson que non vemos: descifrando os circuítos neuronais ocultos
Rosario Moratalla Villalba. Profesora de investigación do CSIC. Centro de Neurociencias Cajal (Madrid)
Nanomedicamentos: vectorización, teranose e nanorobots
Carmen Álvarez Lorenzo. Académica da RAGC e RAFG. Catedrática da USC. Directora do Instituto de Materiais (iMATUS-USC)
Neurociencia e nanotecnoloxía: descifrando o cerebro humano
Javier de Felipe. Profesor de investigación do CSIC. Centro de Tecnología Biomédica (UPM)
———————–
Tecnoloxías da Información e a Comunicación
Presentación
Juan Lema Rodicio. Presidente da RAGC
Marcos Míguez González. Director do Campus Industrial de Ferrol
José Rivas Rey / Rosa Menéndez López. Coordinadores do curso
Nanotecnoloxía e TIC: máis aló da microelectrónica
Luis Hueso Arroyo. Líder de grupo e Ikerbasque Professor, nanoGUNE (San Sebastián)
Intelixencia Artificial en Medicina
Lara Lloret Iglesias. Investigadora do CSIC. Instituto de Física de Cantabria
Robótica asistida e nanotecnoloxía: novas fronteiras para a saúde e o benestar
Guillem Alenyà. Director do Institut de Robòtica i Informàtica Industrial CSIC-UPC (Barcelona)