Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ciclo Avances “Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida”

Xuño 16 @ 4:30 p.m. - Xuño 19 @ 8:00 p.m.

A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación da Coruña promoven unha nova edición do Ciclo Avances, en colaboración co proxecto Oceans+ do CSIC, o Sistema de Observación Costero de las Illes Balears (SOCIB), a Universidade de Santiago e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Céntrase nalgúns dos principais desafíos que marcan a nosa relación como sociedade co mar, abordando catro aspectos clave para Galicia: como observamos o mar para determinar o seu estado, como lle está a afectar o cambio climático, como se están a organizar as actividades no mar e como se están a xestionar os recursos que extraemos del. Explórase desde o emprego das novas tecnoloxías para o estudo do mar como a teledetección ou os drons, a emerxencia climática, os principais retos no uso sostible do espazo mariño -en particular o potencial da eólica mariña-, ata a relevancia das rías como sustento alimentario, entre outros aspectos.

PROGRAMA

RESUMOS DO CICLO

“Fitemos o mar: presente e futuro da observación oceánica”

Presentación
Juan Lema Rodicio. Presidente da RAGC
Fiz Fernández Pérez / Miguel Gil Coto. Coordinadores do curso

 

“Teledetección e drons nas Ciencias Mariñas: innovación para o estudo do cambio climático”
Gabriel Navarro Almendros. Investigador científico no Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía (ICMAN-CSIC, Cádiz)

“Os xemelgos dixitais do océano: excelencia científica con impacto social”
Joaquin Tintoré Subirana. Profesor de investigación no Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados (IMEDEA, Palma de Mallorca) e director do Sistema de Observación y Predicción Costero de las Islas Baleares (SOCIB)

“Observatorio costeiro: un exemplo de observación continua do medio mariño galego”
Silvia Torres López. Coordinadora da Unidade de Tecnoloxías Mariñas do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR, Vigo)

 ………………………………………..

“Tomemos a temperatura ao mar: cambio climático”
Presentación
Fiz Fernández Pérez / Miguel Gil Coto. Coordinadores do curso

 

“Espertando ao xigante: a Antártida e o abismo oceánico”
Alberto Naveira Garabato. Investigador e catedrático no Centro Oceanográfico Nacional (NOC-Southampton, Reino Unido)

 

“Cambio climático e océano: a ameaza global a escala rexional”
Emma Huertas Cabilla. Líder da plataforma Oceans+ do CSIC e investigadora científica no ICMAN-CSIC

“As augas superficiais: un portal ao océano profundo e á atmosfera”
Raquel Somavilla Cabrillo. Científica titular no Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC, Santander)

 ………………………………………..

“Arranxémonos no mar: retos no uso sostible do espazo mariño”

Presentación
Juan Lema Rodicio. Presidente da RAGC
Jesús López Romalde. Decano da facultade de Bioloxía (USC)
Fiz Fernández Pérez / Miguel Gil Coto. Coordinadores do curso

 

“O potencial das enerxías renovables mariñas na Península Ibérica”
Laura Castro Santos. Profesora titular na Universidade da Coruña

 

“Retos tecnolóxicos e impactos ambientais da eólica flotante”
Pablo Ouro Barba. Investigador na Universidade de Manchester (Reino Unido) e investigador Ramón y Cajal no CESGA

 

“A eólica mariña e a súa difícil coexistencia coa pesca galega”
Torcuato Teixeira Valoria. Asesor xurídico da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores e voceiro da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños

 ………………………………………..

“Cultivemos o mar: as rías como sustento alimentario”

Presentación
Jesús López Romalde. Decano da facultade de Bioloxía (USC)
Fiz Fernández Pérez / Miguel Gil Coto. Coordinadores do curso

 

“O mexillón, a infravalorada dieta milagrosa”
Xabier Irigoien Larrazabal. AZTI –  Profesor de Investigación IKERBASQUE 

“Desafíos do marisqueo ante o cambio global”
Elsa Vázquez Otero. Catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo 

“A economía azul como motor do desenvolvemento sostible e equitativo”
Sebastián Villasante. ERC Investigador Oportunius na Universidade de Santiago

Detalles

Comezo:
Xuño 16 @ 4:30 p.m.
Remate:
Xuño 19 @ 8:00 p.m.
Categoría do Evento:

Protagonista

Fiz Fernández Pérez e Miguel Gil Couto