Cargando eventos

« Todos os eventos

Curso “Retos tecnolóxicos na produción e almacenamento de enerxías renovables”

Xuño 27 @ 5:00 p.m. - Xuño 30 @ 8:30 p.m.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Deputación da Coruña, celebra un ciclo de conferencias centrado nos “Retos tecnolóxicos na produción e almacenamento de enerxías renovables”. Conta ademais co apoio do Campus Industrial da Universidade da Coruña, da Autoridade Portuaria da Coruña e do Instituto Enerxético de Galicia. As charlas terán lugar en formato semipresencial, do 27 ao 30 de xuño, das 17:00 ás 20:30 horas.

O obxectivo deste ciclo é revisar o estado actual e os retos pendentes nas diferentes tecnoloxías para a produción e almacenamento de enerxías renovables como a eólica, eólica mariña, mareomotriz, biomasa, gases renovables como o biohidróxeno e o biometano e a solar. Servirá así mesmo de punto de conexión e debate entre expertos de diferentes áreas con coñecementos sobre temas enerxéticos en campos diversos.

Poboación destinataria: profesionais e expertos do eido das enerxías limpas e público xeral.

Require inscrición previa (gratuita) na seguinte ligazón:
https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_963ovrHRTA-fHRiy0UnFAw

Programa detallado

Detalles

Comezo:
Xuño 27 @ 5:00 p.m.
Remate:
Xuño 30 @ 8:30 p.m.
Categoría do Evento:

Protagonista

Juan Lema