- Este evento pasou.
XXXVI Xornadas Luis Asorey: “O sector forestal galego: retos, fortalezas e debilidades. O papel das frondosas”
17 Novembro, 2025 @ 7:00 p.m. - 27 Novembro, 2025 @ 7:00 p.m.

A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, celebran as “XXXVI Xornadas Luis Asorey”, centradas nesta edición nos principais retos, fortalezas e debilidades que afectan ao sector forestal galego, en particular as frondosas. Desenvolveranse do 17 ao 27 de novembro no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19:00 a 21:00 horas.