XXXVII Xornadas Luis Asorey: “A medicina natural: de remedios tradicionais a evidencias científicas”
Novembro 9 @ 7:00 p.m. - Novembro 23 @ 9:00 p.m.

A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, celebran as “XXXVII Xornadas Luis Asorey”, centradas nesta edición na medicina natural. Desenvolveranse do 9 ao 23 de novembro no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19:00 a 21:00 horas.