4ª sesión e primeira Mesa de debate do ciclo "O Emprendemento Científico, unha oportunidade necesaria"

17/10/2014

No día de onte tivo lugar a primeira Mesa de debate do Ciclo "O emprendemento científico, unha oportunidade necesaria", que empezou o pasado Luns día 13. Como as anteriores, esta sesión  celebrouse nos locais da CEG e participaron nela D. Javier López Martínez, Director da Fundación Barrié, en calidade de Moderador; o Prof. Dr. D. Francisco Guitián, Director do Instituto de Cerámica de Galicia, D. Isaac González, Director Executivo da empresa CILENIS e Dª. Ana Isabel Rey, Promotora e Xerente da Empresa BIOVÏA. O debate estivo moi animado. A próxima Mesa de debate versará sobre "O Emprendemento feminino: Unha achega necesaria"  e  terá lugar o próximo Xoves día 23, as 7 da tarde, no mesmo lugar (CEG, Rúa del Vilar, 54). Entrada libre. A foto corresponde a  sesión anterior, na que interveu D. Jorge Cebreiros, do Comité Executivo da CEG.