Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo

Os Premios de Investigación da Academia convócanse anualmente en dúas modalidades: Premio a un Traballo de Investigación científico-técnica realizado por investigadores consolidados e Premio dedicado á Promoción de Investigadores Mozos, a un traballo de investigación científico-técnica realizado por investigadores menores de 30 anos.

Os premios teñen como primeiro obxectivo o producir impacto na Sociedade galega e sensibilizala sobre o valor socioeconómico do coñecemento, á vez que recoñecer e estimular o traballo dos investigadores.

A partir do 28 de Xaneiro de 2014, os Premios de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias chámanse Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo, en recordo de quen fora segundo Presidente da Academia.

Convocatoria 2021

A RAGC convoca os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2021, nas súas dúas modalidades de Premio a un Traballo de Investigación, dotado con 6.000€, e de Promoción de Investigadores Mozos, menores de 30 anos, dotado con 2.000€. O prazo da convocatoria rematará o 31 de xullo de 2021.