A Real Academia Galega de Ciencias quere transmitir o seu fondo pesar polo pasamento do seu académico José Antonio Redondo. Hai sete anos, no seu discurso de ingreso na RAGC, facía unha excelente análise sobre a crecente importancia das “Finanzas do Comportamento” e alertaba sobre o impacto das noticias falsas relativas ao sistema financeiro. Na actualidade, estes aspectos resultan centrais na nosa sociedade, nun momento de perplexidade e potenciais cambios. A súa clarividencia amosounos o camiño a percorrer, cunha visión positiva, tan necesaria nestes tempos.
O profesor Redondo foi un gran piar da RAGC, a pesar das súas importantes responsabilidades como Conselleiro Maior de Contas. Dialogante, positivo, rigoroso e moi cordial. Todos os membros da Academia lamentan moi sinceramente o seu pasamento tan prematuro.