Mais de 60 investigadores das tres universidades galegas, incluíndo os tres vicerreitores de investigación e a maioría de responsables dos centros singulares do SUG analizaron, no Centro de Estudios Avanzados da USC, o informe sobre a evolución da produción científica do SUG efectuado pola Real Academia Galega de Ciencias.


O informe, que pode consultarse aquí abaixo, constata a diverxencia do SUG, tanto en volume de publicacións como na súa calidade, en relación ás universidades da rexión norte de Portugal, ás 11 universidades españolas mellor situadas no ránking de Shanghai e con 10 universidades europeas.

Informe-produción-científica-en-Universidades-Galegas_2020_final

Na xornada analizáronse posibles medidas, tanto internas das universidades, como externas que poden permitir mellorar a situación do SUG no contexto nacional e internacional. As conclusións publicaránse a vindeira semana.

Share This