Acordo marco de colaboración entre a RAGC e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

17/09/2014

O Colexio Profesional de Xornalistas e a Real Academia Galega de Ciencias asinaron  un acordo marco de colaboración co obxecto de impulsar a difusión social da Ciencia. O acto de firma tivo lugar hoxe no pazo de San Roque.