Apertura do curso 2016

O próximo día 20 de Xaneiro terá lugar na RAGC (Pazo de San Roque, Santiago) o acto solemne de Apertura de Curso e de entrega dos Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2015.
O discurso de apertura correrá a cargo da Académica Numeraria Profra. Dra. Da. Alicia Estévez Toranzo que versará sobre "O microbioma humano: da escuridade á omnipresenza".

O Premio de Investigación 2015 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), dotado con 6.000 euros, proba a seguridade das nanopartículas metálicas no seu uso en biomedicina. O equipo galardoado está formado por Blanca Laffon, Gözde Kiliç, Eduardo Pásaro e Vanessa Valdiglesias, membros dos departamentos de Psicobioloxía e de Bioloxía Celular e Molecular da Universidade da Coruña (UDC). O proxecto premiado na categoría de investigadores mozos, dotado con 2.000 euros, é para o químico da Universidade de Vigo (Uvigo) Miguel Alexandre Ramos.