Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO X ANIVERSARIO (2002-2012) / CICLO DE CONFERENCIAS DR. D. LUIS ASOREY GARCÍA 2012

19 Novembro, 2012 @ 7:30 p.m. - 28 Novembro, 2012 @ 9:30 p.m.

Salón de Actos da Excma. Deputación Provincial de Lugo – Rúa San Marcos nº 8 – Lugo – Hora: 19:30 horas

CICLO DE CONFERENCIAS DR. D. LUIS ASOREY GARCÍA

RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO X ANIVERSARIO (2002-2012)

19, 20, 21, 22, 26, 27 e 28 de Novembro de 2012 ás 19,30 h

Como froito dun convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega de Ciencias prográmase un novo curso de conferencias baixo o título: “RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO”, que se desenvolverá no Salón de Actos da Deputación Provincial Lucense.

As conferencias que inclúe este ciclo adéntranse en temas da máis palpitante actualidade e serán impartidas por destacados especialistas.

Os alumnos inscritos no curso e que xustifiquen a súa asistencia ao mesmo recibirán un diploma acreditativo, así como a certificación para o recoñecemento de 1 crédito de libre configuración curricular pola Universidade de Santiago de Compostela.

A Real Academia Galega de Ciencias acordou dedicar este ciclo de conferencias á memoria do Dr. D. Luís Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi Académico, Secretario e Vicepresidente da Real Academia Galega de Ciencias.

 

Descargar díptico

Detalles

Comezo:
19 Novembro, 2012 @ 7:30 p.m.
Remate:
28 Novembro, 2012 @ 9:30 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

Deputación Provincial de Lugo
Rúa San Marcos, 8
Lugo, Lugo 27001 España
+ Google Map