Ingreso de José Antonio Redondo López

Salón de Actos do Pazo de San Roque, San Roque nº 2, en Santiago de Compostela, as 7 da tarde.

O próximo día 21 terá lugar solemne acto de ingreso do Prof. Dr. D. José Antonio Redondo López como Académico numerario da RAGC. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario, o Sr.Redondo foi Investigador Asistente na Universidade de California (San Diego) e actualmente é Catedrático de Economía Financeira da Universidade de Santiago, onde vén exercendo a docencia en materias da súa especialidade, participando en diversos Masteres como codirector ou responsable da área de finanzas. Publicou numerosos libros e traballos de investigación. É Académico da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, membro do grupo de traballo Franco-Español de análise financeira e membro da American Finance Association. Ocupou numerosos cargos, como os de Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Director constituínte do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade. Foi Director Xeneral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, membro de distintos Consellos e actualmente é Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia.