Ingreso de José Ramón Cancelo de la Torre

Salón de Actos do Pazo de San Roque, San Roque nº 2, en Santiago de Compostela, as 7 da tarde.

O Prof. Cancelo licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago e doutorouse na Universidade Autónoma de Madrid, con Premio Extraordinario. Tras o seu paso, como Profesor, polas Universidades Autónoma de Madrid e de Castilla - La Mancha, actualmente é Catedrático no Departamento de Economía Aplicada II (Facultade de Economía e Empresa) da Universidade da Coruña. Participou nun elevado número de Proxectos e Contratos de Investigación, interveu nun gran número de Congresos nacionais e internacionais e publicou un medio centenar de traballos, varios capítulos de libros e varios libros, un deles sobre a Economía de Galicia.